A idade media para facerse propietario nesta comarca supera os 49 anos, unha cifra que xa se afasta da media galega e estatal, e que reflicte as dificultades económicas que moitos veciños teñen que afrontar. En localidades como A Pobra ou Muros, a idade media para adquirir vivenda xa supera os 50 anos, e en Rianxo e Porto do Son, chega até os 52 e 55 respectivamente, cando non fai moito, xa a podias adquirir entre os 30 e 40 anos.
NO BARBANZA, A COMPRA DUNHA VIVENDA ESTÁ A SE CONVERTER NUN PROCESO CADA VEZ MÁIS LONGO E COMPLEXO.


