A nova sobre as obras de adxudicación da Xunta para os concellos da comarca do Barbanza foi recibida con satisfacción polos responsables políticos da comarca. A maioría deles coinciden na necesidade de que se cumpran os prazos previstos para levar a cabo as obras antes de que remate a presente lexislatura. Barbanza céntranse agora en acometer históricos proxectos de saneamento, como os que afectan á ría de Arousa. Por iso, nos Orzamentos de Galicia que o equipo de Goberno capitaneado por Núñez Feijoo presentou onte no Parlamento, o groso está encamiñado a resolver problemas endémicos de depuración de augas residuais e eliminación de verteduras. De forma específica, no plan económico figuran consignados un total de dez millóns de euros para a comarca, dos que oito se refiren a actuacións vinculadas á instalación de colectores ou mellora e ampliación de plantas depuradoras.
Os alcaldes de tres dos concellos do Barbanza valoraron moi positivamente a decisión da Consellería de Política Territorial sobre a adxudicación das obras de saneamento que se van levar a cabo xa que a consideran unha actuación vital para o desenvolvemento económico e empresarial desta zona, xa que o turismo representa uns elevados ingresos.
Precisamente o alcalde de Porto do Don, Luis Oujo, incidía neste feito.
http://youtu.be/ShFVQvfj_RY