O Pazo do Hórreo volveu a acoller unha nova sesión do pleno do Parlamento de Galicia, momento que os partidos da oposición puideron aproveitar para lanzar preguntas ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, afondando así en temáticas que, actualmente, son de gran relevancia.
Unha das cuestións que se debateu en primeiro lugar tivo que ver co 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. O primeiro en intervir foi o voceiro do PSdeG, José Ramón Besteiro, quen acusou ao partido central da Xunta de levar a cabo accións que antepoñen o retroceso en cuestións como a memoria democrática, os migrantes ou, en gran medida, a figura da muller vítima de violencia machista, posicionándoos así como un goberno negacionista no que concerne a causas de gran relevancia social.
Galicia: PSdeG e BNG acusan a Rueda de retrocesos en igualdade e sanidade no Parlamento


