A tempada de pesca fluvial de 2017 ofrece máis de 310.000 permisos para a práctica deste deporte en 30.000 km de ríos

A tempada de pesca fluvial, comeza o vindeiro 19 de marzo con 30.000 quilómetros de ríos e unha ampla rede de encoros e 148 coutos onde se pode practicar.

A conselleira de Medio Ambiente beatriz mato salientou estas cifras durante a sinatura dos convenios de colaboración con 59 entidades de pesca fluvial, que teñen por obxectivo –entre outros- favorecer o relevo xeracional e incrementar o número de afeccionados entre os menores de 20 anos.

Mato Otero sinalou que para invitar aos mozos a participar no desenvolvemento desta actividade, a orde que regula a tempada de pesca do presente ano inclúe dez tramos libres de pesca sen morte cunha lonxitude de 30 quilómetros, polo que en total se ofrecen 328 quilómetros. Engadiu que nos últimos anos tense aumentado a oferta de pesca sen morte, xa que se en 2012 había 199 quilómetros agora contabilízanse case 330.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.