Muros

O Concello de Muros organiza diversas actividades con motivo do Día Internacional da Muller.

O CIM volve a unirse cos centros escolares do municipio para remarcar xuntos o compromiso a favor da igualdade. Aínda que este é un traballo que como sociedade temos que facer cada día, nesta xornada é especialmente importante.
Nos centros de educación primaria, Ricardo Tobío, Ramón Artaza e o de Louro, haberá o mércores 8 de marzo unha “Xincana pola Igualdade”.

Ese mesmo día, as mulleres de maior idade de cada parroquia, serán recibidas ás 12.00 h no salón de plenos pola alcaldesa para ser homenaxeadas pola súa longa traxectoria.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.