Icono del sitio CanalBarbanza.com

O BARBANZA AFIÁNZASE COMO A COMARCA DE ESPAÑA ONDE MÁIS TESTAMENTOS SE REDACTAN

En relación á poboación, a comarca do Barbanza supera de forma notable tanto á media provincial como á galega, destacándose tamén por diante de comunidades como Asturias ou o País Vasco. Un fenómeno que se acentuou nos últimos anos, especialmente, despois da pandemia.
Os expertos subliñan que o testamento non só serve para dispoñer dos bens, senón tamén para evitar malentendidos e disputas entre os seres queridos. O feito de anticiparse ao futuro pode evitar complicacións legais e emocionais para os descendentes.
No Barbanza, a opinión maioritaria coincide nunha mesma liña: mellor deixar todo listo canto antes. Moitos veciños afirman que se trata dunha cuestión de previsión e tranquilidade. As seguintes declaracións reflicten este pensamento.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil