O Goberno central lanzou este ano unha nova liña de axudas para impulsar a compra de coches eléctricos. A partida destinada a Galicia era de 23 millóns de euros e consumíronse o pasado mes de setembro. O plan ten que seguir bonificando as novas matriculacións polo que na comunidade galega hai unha lista de espera dun millar de solicitudes que terán que agardar a que o Executivo de España habilite máis recursos. O sector, á espera de ver se isto sucede, ve con bos ollos que se conte con este tipo de axudas.
Galicia: O Plan Moves do Goberno queda sen fondos tras repartir 23 millóns para a compra de máis de 3.000 vehículos


