O auditorio da Biblioteca da Pobra do Caramiñal foi o lugar escollido para a presentación de “María Vázquez. A mestra socialista eliminada polo franquismo”, de Aurora Marco. A autora recolle na súa obra a biografía dunha muller á que o franquismo quixo silenciar fusilándoa por defender os dereitos das mulleres.
A Pobra do Caramiñal: Aurora Marco afonda na historia de María Vázquez, mestra eliminada polo franquismo


