A Xunta e o Goberno do Estado renovan a súa colaboración a prol da seguridade viaria, coa entrega por parte da Administración autonómica de 1.000 novos chalecos reflectantes para previr atropelos. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e o delegado do Goberno en Galicia presentaron hoxe a iniciativa, que dá continuidade á iniciada o pasado ano, e que permitirá que a Dirección Xeral de Tráfico entregue os chalecos reflectantes aos viandantes que transiten sen protección polas vías interurbanas, prevendo tamén a celebración de xornadas informativas sobre a importancia do seu uso. Ethel Vázquez subliñou que se trata de concienciar de que hai que extremar as precaucións, evitar condutas imprudentes que poidan levar a consecuencias dramáticas e non se pode esquecer que, á hora de transmitir estes riscos e educar en condutas responsables e seguras, cobra un especial protagonismo o entorno familiar, do maior ou do neno.
https://www.youtube.com/watch?v=IHCc0tUldG0