Icono del sitio CanalBarbanza.com

O MA TEMPO E AS CONDICIÓN ADVERSAS NA ESTRADA ESTÁN A DEIXAR NESTOS DÍAS VARIOS ACCIDENTES EN DISTINTAS VÍAS DA COMARCA DO BARBANZA

Na Autovía do Barbanza, á altura da parroquia de Asados, en Rianxo, unha muller de 48 anos resultou ferida despois de perder o control do vehículo e saírse da vía no quilómetro 17 da AG-11. O coche impactou contra o gardarraíl e acabou no arcén dereito.
Foi a propia condutora quen alertou ao 112 e presentaba dor nun brazo. Ata o lugar desprazouse unha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que a trasladou ao Hospital Clínico de Santiago.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil