O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, estiveron esta mañá no no acto polo 25º aniversario de Unirisco celebrado en Santiago. O titular do Goberno galego sinalou na súa intervención a importancia de investir na I+G+i, a I+D+i galega, e apoiar iniciativas empresariais innovadoras para xerar novas oportunidades de emprego na comunidade.
Galicia: Rueda recalca a importancia de investir en I+D+i para xerar novas oportunidades de emprego


