O director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez Martínez, destacou esta mañá que “os períodos de probas das obras son para iso”, para probar o sistema da Edar

O director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez Martínez, destacou esta mañá que “os períodos de probas das obras son para iso”, para probar o sistema da Edar e comprobar que todo funciona correctamente ou, no caso de detectarse incidencias, para detectalas e tomar solucións.

Rodríguez Martínez compareceu esta mañá en Comisión parlamentaria, onde aclarou que esta é a situación na que se atopa a Edar de Ribeira, unha instalación hidráulica que executa AcuaEs -con cofinanciación da Xunta- na que se ten detectado un problema de olores.

Recordou que AcuaEs ten localizado o foco do cheiro e se está a traballar nunha solución a este problema, para o que o vindeiro mes de abril se convocará unha nova reunión para analizar a información técnica para dar resposta ás demandas que na actualidade están enriba da mesa, en relación con esta infraestrutura.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.