Continúa a campaña de micromecenazgo en favor da biopsia líquida iniciada polo grupo de oncoloxía Médica Translacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela coa que pretende involucrar a todos os cidadáns na financiación colaborativa e desinteresada dun novo proxecto de investigación oncolóxica: a biopsia líquida.
O importe de todolos chourizos que vendan dende hoxe ata o 31 de marzo na carnicería de Aguiño, A de Juana, irá destinado a esta causa.