Feijóo avanza a aprobación no Consello de mañá dun plan de formación de emprego no naval

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe a aprobación no Consello de mañá dun Plan de formación de emprego no naval que destinará 12 millóns de euros para axudar a que os traballadores desta industria –en activo ou desempregados- poidan especializarse de acordo aos requisitos que demanda o mercado do sector.
Durante a inauguración do III Encontro de directivos: 100 consellos para 2017, Feijóo afirmou que o Goberno galego seguirá comprometido coa formación como elemento clave para acadar unha industria máis competitiva, procurando a colaboración dos axentes sociais para adaptar a oferta formativa aos perfís profesionais máis solicitados no terreo laboral.
Ademais da formación, o titular da Xunta referiuse ao emprendemento e á innovación, á internacionalización e á estabilidade institucional como factores clave para o desenvolvemento económico.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.