Esta mañá celebrouse a reunión semanal do Consello da Xunta en San Caetano. O equipo de goberno autonómico afondou en diferentes cuestións. Unha delas foi a ratificación da resolución adoptada pola Asesoría Xurídica de presentar dous recursos contencioso-administrativos diante do Tribunal Supremo fronte aos dous reais decretos aprobados este verán polo Goberno central, os cales regulan os traslados obrigatorios de menores migrantes non acompañados e a capacidade ordinaria de acollida das comunidades autónomas.
Galicia: A Xunta recorre ao Supremo os decretos do Goberno sobre menores migrantes


