As obras, realizadas no refuxio municipal xestionado pola protectora A Moura, permitiron crear espazos independentes e totalmente acondicionados para cans e gatos. En total, construíronse catro módulos de gatera con patios enreixados e zonas sombreadas, un módulo de corentena, outro para animais inmunodeprimidos e un corredor pechado que evita fugas durante o acceso.
A POBRA DO CARAMIÑAL XA CONTA CUN REFUXIO DE ANIMAIS MUNICIPAL RENOVADO GRAZAS A UNHA ACHEGA DA XUNTA DE MÁIS DE 63.000 EUROS


