Deportes

O ROTOGAL ASALTA O PRIMEIRO POSTO DO GRUPO AO SUMAR A SÚA CUARTA VITORIA SEGUIDA

Novo triunfo para o Rotogal Boiro Voleibol, que só sabe gañar neste inicio da Superliga 2. Os boirenses fixéronse co liderado do grupo A grazas á súa vitoria sobre o Dumbría e á derrota do Vigo ante o San Sadurniño. O conxunto adestrado por Adrián Alves tivo que remontar xa que os da Costa da Morte saíron máis entoados á Cachada, pero finalmente os tres puntos quedaron na casa logo de que os locais venceran por 3-1.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.