O Centro Cultural Lustres Rivas encheuse por completo con motivo da presentación da reedición facsimilar da compilación de ensaios que, co título de “Pandemonium”, publicara o xornalista local Manuel Lustres Rivas no ano 1917.
O acto contou coas intervencións do alcalde Manuel Ruiz Rivas e de quen se encargou de coordinar a edición, o tamén xornalista Xosé María Fernández Pazos. Entre os asistentes, dous ex alcaldes, José Luis Torres Colomer e José Antonio Ventoso Mariño; diversos edís da Corporación; distintos persoeiros da vida intelectual do municipio e da comarca e outros moitos veciños que non se quixeron perder este histórico evento.
https://www.youtube.com/watch?v=LEPMa0yduiU