O Concello da Pobra do Caramiñal recupera unha das actividades estrela do outono: as Xornadas Micolóxicas. É a novena edición desta iniciativa na que se afonda no mundo dos fungos e dos cogomelos e que xa arrancou co lanzamento do Concurso Fotográfico, cuxo prazo de participación xa rematou, e que conta nesta ocasión con 25 participantes.
A POBRA SOMÉRXESE NA MICOLOXÍA POR NOVENO ANO


