Esta mañá presentouse en Ribeira unha nova campaña comercial impulsada por Toxo Telecom. Baixo o lema “Inviste en Ribeira, inviste na túa xente”, a firma tecnolóxica nacida no municipio quere impulsar a compra nos negocios de proximidade coa colaboración do tecido comercial e hostaleiro ribeirense.

