A XUNTA activa o plan renove de ascensores para mellorar a calidade de vida e a eficiencia enerxética en 1.200 fogares galegos

A Consellería de Economía, Emprego e Industria publica hoxe no DOG unha nova convocatoria das axudas para a renovación de ascensores nas comunidades de propietarios de Galicia,.
As axudas diríxense a comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal en Galicia. A convocatoria arranca cun orzamento de 700.000 euros, e o prazo para presentar as solicitudes para esta orde de axudas abrirase desde mañá durante un período de tres meses.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, mantén as contías das axudas que estaban fixadas na anterior convocatoria deste programa de renovación de ascensores, que pode chegar ata o 50% do custe do proxecto. A subvención poderá alcanzar os 10.000 euros por ascensor e os 20.000 por comunidade, cun importe mínimo do gasto de 5.000 euros. A data límite para xustificar a execución das obras será ata o próximo 15 de novembro.

Nas dúas convocatorias anteriores, aprobouse a concesión de axudas para 241 solicitudes, o que supuxo a mobilización de máis de 6,6 millóns para o tecido empresarial relacionado con este sector.

O Plan Renove de Ascensores enmárcase dentro do Plan de Vivenda 2017, que está a desenvolver a Consellería de Economía, Emprego e Industria para favorecer o aforro e a eficiencia enerxética nos fogares galegos.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.