O alcalde de Lousame, Esteban Ares, xunto ás concelleiras de Cultura e Deportes, e representantes da Cruz Vermella, presentaron esta mañá os detalles desta xornada, a cal se levará a cabo no polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra, e que non só será un momento de diversión, senón tamén de colaboración. Ares destacou a importancia de recuperar esta festa popular e darlle un enfoque solidario.
ESTE SÁBADO, 8 DE NOVEMBRO, LOUSAME ACOLLERÁ UN EVENTO MOI ESPECIAL: O MAGOSTO SOLIDARIO COA CRUZ VERMELLA


