A Primeira División de Fútbol Sala deixou malas sensacións no Agustín Mourís. O Noia Portus Apostoli regresaba a casa, ao seu feudo, despois de dous duros encontros lonxe da vila nos que caeron ante os seus rivais. Esta fin de semana gañar ao Servigroup Peñíscola era o obxectivo, pero os visitantes incomodaron aos brancos, aproveitaron as súas ocasións e aguantaron os ataques noieses para levarse o triunfo por 1-2.
A FALTA DE PUNTERÍA CONDENOU AO PORTUS APOSTOLI


