A Xunta anuncia a aprobación inminente do Decreto de cooperación para o desenvolvemento

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, mantivo hoxe un encontro coa Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento, á que anunciou a aprobación inminente, por parte do Goberno galego, dun decreto sobre cooperación para o desenvolvemento, que actualice e consolide nunha soa disposición a normativa aplicable na materia.
O novo decreto, que parte do diálogo co sector, contribuirá a garantir a seguridade xurídica e a facilitar a xestión dos procedementos, segundo se puxo de manifesto na reunión, na que tamén estivo o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o director xeral de Exteriores, Jesús Gamallo, e por parte da Coordinadora a súa presidenta, Gema Filgueira; a vicepresidenta, María Paz; e o secretario, Alejandro Quiñoá.
A Coordinadora Galega de ONGD é unha asociación que agrupa na actualidade 45 entidades que traballan no ámbito da cooperación para o desenvolvemento, a acción humanitaria e de emerxencia, a educación para o desenvolvemento e a incidencia política.
Precisamente a pasada semana o Consello da Xunta aprobou o Plan Anual da Cooperación Galega para o Desenvolvemento deste ano, que conta cun incremento no seu orzamento de máis dun 7,7% e que conta coa aprobación do Consello Galego de Cooperación (Congacode), órgano asesor e de coordinación da cooperación galega no que están representados a Administración autonómica, as ONGD e o resto dos axentes galegos de cooperación
O Plan anual 2017 da cooperación galega para o desenvolvemento recolle as actuacións previstas para o ano 2017 e conta cunha dotación orzamentaria de máis de 4,5 millóns de euros, o que representa un incremento dun 7,7% con respecto ao aprobado para o ano 2016.

https://www.youtube.com/watch?v=iZ2JEFlnfnc

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.