O Concello da Pobra do Caramiñal fixo balance do programa socioeducativo e medioambiental do Centro Integral de Atención á Discapacidade, que finaliza este mes tras beneficiar a 65 familias usuarias da instalación. A concelleira de Servizos Sociais entregou esta mañá a memoria final do proxecto a Sara Outeiral, representante da empresa Cartogal, coa fin de pechar un ciclo de actividades que tiveron como obxectivo mellorar a integración sensorial dos nenos e nenas con discapacidade e concienciar sobre a importancia de respetar o medio ambiente.
A POBRA DO CARAMIÑAL PECHA O PROGRAMA SOCIOEDUCATIVO DO CENTRO DE ATENCIÓN Á DISCAPACIDADE CON BALANCE POSITIVO EN INTEGRACIÓN E AMBIENTAL


