Icono del sitio CanalBarbanza.com

A POLICÍA NACIONAL DETIVO A UN CHAMÁN EN QUEIRUGA, PORTO DO SON

Tres furgóns da Policía Nacional e media ducia de coches podían verse onte á mañá diante dunha vivenda na parroquia de Queiruga, en Porto do Son. Un amplo dispositivo coordinado dende Madrid e formado por axentes do Grupo Operativo de Intervencións Técnicas (Goit), da capital de España e da Coruña estiveron rexistrando esta localización, onde tamén detiveron a un home de mediana idade coñecido como o Catalán. Presuntamente actuaba como chamán e atendía na súa casa a persoas ofrecéndolles asistencia como vidente ou practicando rituais nos que sacrificaba animais. Ademais esta actuación podería estar tamén vencellada pola presunta comisión dun delito de estafa.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil