Icono del sitio CanalBarbanza.com

A CORPORACIÓN DE LOUSAME EN BLOQUE SOLICITA NOVAMENTE A NOMINATIVA DA DEPUTACIÓN PARA RENOVAR O CÉSPEDE DE CABANETÁN

O salón de plenos de Lousame acolleu este martes a sesión plenaria na que houbo consenso entre todos os grupos. O mes de xullo a Deputación anunciou a concesión dunha subvención de preto de 205.000 euros para o cambio de céspede de Cabanetán, pero ata o de agora non houbo máis avances. Tan só o ente provincial pediu ao concello aprobar esta colaboración en pleno, algo que se votou novamente este martes.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil