O Concello de Boiro recibiu unha achega da Deputación da Coruña de máis de dez mil euros destinada á compra de novo material para o servizo de Protección Civil.
Con esta subvención adquiriuse roupa de emerxencias, camillas pregables, lanternas e unha cámara térmica. Equipamento que facilitará o traballo dos voluntarios nas súas tarefas habituais, dende a atención en accidentes ata o apoio en probas deportivas ou eventos multitudinarios.

