O PP de Noia gastouse ata 30.000 euros de diñeiro público do grupo municipal en diversos pagos vencellados a comidas, cubatas ou chupitos. O actual equipo de goberno formado por PSOE e En Marea recorda que estas asignacións municipais están destinadas a gastos de oficina, a facer fronte aos pagos derivados de poñer son a un acto ou a realizar fotocopias e verificou a veracidade destes feitos.
O CONCELLO DE NOIA ENCARGA UNHA ANÁLISE XURÍDICA TRAS SAÍREN Á LUZ GASTOS DO PP NOIÉS EN VIÑOS E MARISCO CON FONDOS PÚBLICOS


