O Consello da Xunta reuniuse esta mañá para aprobar novas iniciativas autonómicas. O goberno galego deu o visto bo para asinar convenios con 46 concellos co obxectivo de paliar os danos ocasionados polos incendios forestais que se produciron este verán. Convenio que conta cun importe de 5 millón de euros.
A XUNTA ASINARÁ CONVENIOS CON 46 CONCELLOS POR 5 MILLÓNS DE EUROS PARA PALIAR OS DANOS OCASIONADOS POLA VAGA DE LUMES FORESTAIS


