ABE e concello de BOIRO organizan a segunda edición de BOIRO COOL MARKET

A ABE e o Concello de Boiro confirman as datas de celebración da segunda edición dun dos eventos mais destacados no calendario comercial da comarca.

Trátase de Boiro Cool Market, o mercado de moda e tendencias que sorprendeu a clientes e visitantes na súa primeira edición e que volverá a celebrarse os días 17, 18 e 19 de marzo no local multiusos da praza de abastos Boirense.

Boiro Cool Market plantéxase coma un mercado de sensacións, no que os stands adicados á venta de roupa, calzado, complementos, deportes ou moda infantil comparten espazo con artistas locais que expoñen e venden as súas obras, degustacións e sesión vermú, obradoiros de moda para adultos, espectáculos infantís, charlas, presentacións e mesas redondas ao redor do mundo da moda e moita música en directo.

Nas vindeiras semanas iremos detallando o programa completo deste evento co que ABE e Concello de Boiro pretendemos posicionar ao comercio de Boiro na vangarda da promoción comercial do país e así refrendar a sensación de que o comercio boirense segue nesa situación punteira acadada en 2015 tras recibir a mención especial nos premios nacionais de comercio outorgada polo goberno de España.

https://www.youtube.com/watch?v=Nc4PrbBuF58

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.