Máis De 800 Deportistas Acudiron Á Cita Co Taekwondo En Ribeira

A fama do taekuondo barbancés superou as fronteiras xa non de Galicia, tamén de España, desde hai tempo. Clubs como o Natural ou o Maniotas hai anos que cultivan medallas en cada torneo ao que asisten, xa sexa como entidade ou cos deportistas que son convocados polas seleccións galega e española. Por iso, o gran campionato que se organiza en Barbanza cada ano é un foco de atracción a nivel internacional. A cita do 2014, unha vez máis foi na Fieiteira e reuniu a un total de 800 taekuondistas desde a mañá.
Trátase da décimo cuarta edición do torneo Cidade de Ribeira, evento que xa está considerado un clásico dentro do calendario oficial en España e que serve de posta a punto para todas as competicións relevantes da nova tempada.
Na modalidade de combate, deronse cita deportistas de categorías máster, infantís, absolutos, cadetes e júniores. Este ano implantouse o novo sistema de puntuación aprobado pola federación internacional, que implica adaptar todos os equipos electrónicos á nova puntuación e que estará operativo nas sete áreas de combate habilitadas na Fieiteira.
José Francisco Agrelo o presidente do Natural comentou a súa intención de
que este evento siga sendo un referente en innovación e actualidade, é por iso polo que apostan por incluír todas aquelas novidades que fagan máis atractivo o deporte. Ademais de buscar deportistas, adestradores e árbitros que se adapten canto antes aos cambios federados.

http://youtu.be/EmSSxPQn0hw

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.