A Xunta destaca que a centralización das probas selectivas da Policía Local contribuirá a asegurar a cobertura de prazas.

A Xunta destacou hoxe que o acordo que permite centralizar as probas selectivas dos corpos da Policía Local de Galicia na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) contribuirá a asegurar a cobertura de prazas, ao tempo que favorecerá a calidade deste proceso ao dispoñer dun mesmo temario e formación.
Así o destacou hoxe o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, tras asinar este protocolo co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alfredo García.
Este acordo deriva da reunión mantida entre o presidente da Xunta e da Fegamp o pasado mes de xaneiro. Menos de dous meses despois, o protocolo xa foi aprobado polo Consello da Xunta e asinado. A partir de agora e de xeito inmediato, comezaranse a realizar as modificacións regulamentarias e técnicas necesarias para poñelo en marcha canto antes.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.