A Deputación da Coruña vén de aprobar a última partida de fondos para o plan de obras e servizos deste ano. No caso de Noia, o concello recibirá máis de 80.000 euros para investimentos no municipio. Deste total, case a metade, uns 40.000 euros, destinaranse a mellorar o saneamento, unha das grandes prioridades do novo goberno municipal.
O portavoz do BNG, explicou que as conversas co goberno local permitiron chegar a un acordo establecido por ambas partes, algo que resulta especialmente positivo.
O PLAN DE OBRAS DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA DESTINA FONDOS A NOIA CON ESPECIAL ATENCIÓN Á MELLORA DA REDE DE SANEAMENTO


