A Xunta mellora a accesibilidade e a seguridade viaria na contorna da praia da Arnela, no concello de Porto do Son

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou hoxe as obras que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda executou no concello de Porto do Son, acompañado polo alcalde da localidade, José Luis Oujo. Ambos os dous se achegaron á praia da Arnela, onde comprobaron os resultados das actuacións de rexeneración e mellora da seguridade viaria que se levaron a cabo na zona, por un importe de máis de 60.000 euros.
En concreto, a Axencia Galega de Infraestruturas rematou 114 metros de senda de formigón coloreado, que permite comunicar a senda executada recentemente no acceso á praia coa beirarrúa existente. Deste xeito, habilítase un itinerario peonil paralelo á estrada autonómica, que servirá de alternativa ao existente no tramo Arnela-Vilar, no que actualmente o paseo discorre afastado da costa. A actuación evita aos peóns o cruce da estrada autonómica AC-550 nun punto de reducida visibilidade.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.