Galicia rematou febreiro cunha caída do paro do 9,9% e cun incremento na creación de emprego e contratación indefinida

Galicia rematou febreiro con 23.344 desempregados menos que hai un ano, o que supón unha baixada do 9,92%, a maior caída neste mes desde hai 20 anos (de toda a serie histórica que é desde 1996). O dato sitúa á comunidade en niveis de hai 7 anos. Ademais creouse emprego e incrementouse a contratación indefinida. Galicia presenta tamén un maior ritmo de caída do paro que España na evolución anual.
A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, valorou hoxe os datos do paro rexistrado salientando que Galicia xa suma máis de 3 anos de caídas do desemprego consecutivas na evolución anual e indicando que “a Comunidade está na boa dirección para consolidar a recuperación económica”.

https://www.youtube.com/watch?v=MG2n5iU6PLs

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.