A nova lei pretende abordar hábitos de consumo cada vez máis estendidos entre a xente nova, como as bebidas enerxéticas e os vapeadores. Estes produtos, equiparados por primeira vez a substancias como o alcohol e o tabaco, convértense nun problema de saúde pública.
A lei non só busca regular o consumo destas substancias, senón tamén potenciar a prevención en todos os ámbitos posibles: sanitario, familiar, escolar e comunitario.
GÓMEZ CAAMAÑO PRESENTA NO PARLAMENTO A LEI DE PROTECCIÓN DA SAÚDE DE MENORES E PREVENCIÓN DE CONDUTAS ADICTIVAS


