Os socialistas reclaman ó Goberno que os terreos do viaduto en Isorna sexan entregados en óptimas condicións

As obras do Tren de Alta Velocidade que une Madrid e Galicia, deixaron tras de si unha serie incidencias, as mais graves, o estado en que ADIF devolveu as fincas de un cento de veciños e veciñas. Trátase de mais dun cento de parcelas de labradío que eran cultivadas e agora están inservibles, sen terra, e cheas de auga e pedras.

O senador socialista pola provincia da Coruña, Ángel Mato, e a deputada autonómica Dolores Toja visitaron hoxe os terreos afectados polas obras de ADIF na parroquia de Isorna, para coñecer o seu estado actual, acompañados polos veciños da parroquia e a voceira municipal, María del Carmen Figueira.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.