A Xunta impulsa a instalación de 1.400 novas caldeiras de biomasa a través de catro convocatorias de axudas cun orzamento conxunto superior aos 11,7 millóns de euros

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe na rolda de prensa do Consello a instalación de 1.400 novas caldeiras de biomasa, a través de catro convocatorias de axudas cuxo orzamento conxunto supera os 11,7 millóns de euros.
En primeiro lugar, Feijóo referiuse ás axudas para a instalación de caldeiras para particulares que residan en zonas rurais -que publica hoxe o DOG-, cunha subvención do 50% da instalación ata un máximo de 50.000 euros. A segunda axuda, que se prevé que se publique ao longo deste mes, impulsará a instalación de caldeiras en empresas, entidades sen ánimo de lucro e Administracións públicas. A terceira liña de axudas destinada á instalación de sistemas de calefacción baseados na biomasa, coñecidos como district heating, e cuxa orde no DOG se prevé que sexa publicada o mes que vén, tamén incrementa a cofinanciación coa mesma intensidade. E a cuarta e última axuda, destinada a fomentar o uso de enerxías renovables no sector agroalimentario prevese tamén que se publique no mes de abril.

https://youtu.be/JrfLGZfv2p4

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.