O Boiro conquistou onte en Barraña a súa segunda vitoria da tempada (3-1) ante un dos favoritos ao campionato, o Cerceda. O partido púxose de cara para os brancos, que tras recibir dous balóns na madeira adiantáronse de penalti por mediación de Armental. O mesmo xogador foi o encargado de provocar a pena máxima ao driblar ao porteiro, que o derrubou e o árbitro decidiu expulsalo.
Ao fío do descanso, David Añón foi empuxado por Angeriz na área visitante. O colexiado pitou penalti, que transformou Márquez subindo o 2-0 ao marcador. Tras o descanso, os de Barraña seguiron tocando ben. Armental, Rubén, e Añón trazaron unha bonita combinación que o primeiro non foi capaz de rematar.
Pouco lle durou a alegría ao Cerceda. Añón sentenciou o triunfo para os seus cun bonito espectacular desde a frontal que se coou pola escuadra.
Deixando ao carón o resultado hai que dicir que os de Juan Carlos Andrés manteñen unha progresión no xogo, algo que onte se puido ver en Barraña. Ademais, o equipo sae dos postos de descenso.
O Noia, pola súa banda, segue no máis alto da táboa despois de sumar onte tres novos puntos no campo do Castro tras gañar pola mínima cun tanto de Hugo. A primeira parte caracterizouse pola falta de ocasións claras, xa que todo o xogo se concentrou no centro do campo. Tras o descanso, e grazas aos cambios, o Noia foise a por o partido. Berto e David avisaron con dous disparos. Tarelo mandou un balón ao traveseiro no 67, e no 76 chegou o único gol do choque.
A poucos minutos de concluír o encontro Villa disparou un balón que saíu fose rozando o poste.
O Ribeira perdeu contra o Arteixo 2-1. . Os celestes regresaron da súa visita ao campo do Arteixo sen puntuar.
Aínda que, segundo dixeron no club barbanzano tiveron moitas ocasións de gol que non souberon materializar. O gol de honra dos celestes marcouno Rego no minuto 80.
http://youtu.be/3R3dzdQQn7c