A Pobra do Caramiñal foi o escenario do encontro internacional dos socios do proxecto DIBEST, unha iniciativa impulsada con fondos europeos que busca fomentar a adopción de innovacións dixitais nas microempresas turísticas das rexións costeiras. O evento deu comezo onte e está centrado na mellora da competitividade das pequenas empresas, especialmente aquelas vinculadas ao sector náutico.
A POBRA ACOLLE O QUINTO ENCONTRO DO **PROXECTO DIBEST** PARA IMPULSAR A **INNOVACIÓN DIXITAL** EN MICROEMPRESAS **TURÍSTICAS COSTEIRAS**


