O Concello da Pobra vén de anunciar a convocatoria dunha asemblea veciñal para mañá, mércores 8 de outubro, ás oito da tarde, no auditorio da biblioteca municipal. O obxectivo é explicar á veciñanza o proceso de licitación do novo servizo de recollida de residuos sólidos urbanos.
A POBRA CONVOCA Á VECIÑANZA A UNHA ASAMBLEA ESTE MÉRCORES PARA EXPLICAR O NOVO CONTRATO DE RECOLLIDA DE LIXO


