Boiro acolleu o pasado venres a presentación do libro ‘Os camiños da memoria’, do autor Manuel Enrique Piñeiro. O acto, no que colaboraron a Asociación Cultural Barbantia e o Concello, tivo lugar no Centro Social e contou cunha ampla participación veciñal.
O autor estivo acompañado pola secretaria da Asociación Barbantia, Milagros Torrado, e pola concelleira de Cultura, María Outeiral, quenes adicaron unhas palabras ao principio do acto sobre a recepción deste libro.
MEMORIA, POESÍA E EMOCIÓN DÉRONSE CITA EN BOIRO COA PRESENTACIÓN DO LIBRO OS CAMIÑOS DA MEMORIA, DE MANUEL ENRIQUE PIÑEIRO


