Nun tempo no que a tecnoloxía e a intelixencia artificial avanzan a un ritmo vertixinoso, Carmen Hermo propón unha mirada pausada, feita coas mans e coa emoción. A pegada sensible é a resposta dunha artista que aposta por unha creación menos mecanizada, máis conectada coa terra, coa auga e co vento.
EXPOSICIÓN **A PEGADA SENSIBLE** DE CARMEN HERMO EN RIBEIRA INVITA A REFLEXIONAR SOBRE A IA E O RETORNO Á ARTE ARTESANAL


