Icono del sitio CanalBarbanza.com

A POLICÍA NACIONAL CELEBRA OS ANXOS CUSTODIOS E CONDECORA CINCO AXENTES POLA SÚA VALÍA E COMPROMISO COA CIDADANÍA

En Ribeira, como cada ano, quixeron levar a cabo un acto de gran valor na honra dos anxos custodios, comezando así a xornada na Igrexa de Santa Uxía celebrando unha misa oficiada polo cura Sylvestre Marcel.
Tralo acto relixioso, os asistentes dirixíronse á Casa do Mar, onde se realizou un acto no que alzaron as figuras e o valor dos corpos estatais. Neste, cinco axentes recibiron a condecoración da Cruz Blanca ó Mérito Policial. A súa valía, a longa traxectoria e o bo traballo realizado durante a incautación do alixo na Pobra do Caramiñal, foron algunhas das razóns que se puxeron en alza para dito recoñecemento. Adrian Campos, Belen Novo, Diego Rodriguez, Antonio Sotelo e Antonio Millan foron os nomes dos profesionais condecoradas.
O xefe da comisaría de Ribeira adicou unhas palabras tralos recoñecementos, coas que agradeceu e puxo en valor o traballo de todos os funcionarios.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil