A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, reuniuse recentemente con representantes do sector para analizar os resultados das mostraxes feitas polo Centro de Investigacións Mariñas nos principais bancos de libre marisqueiro da ría de Arousa: Lombos do Ulla, Cabío e Bohído. Logo de abordalo cos profesionais, concluíuse que o mellor para recuperar esas zonas é prohibir a extracción de marisco os vindeiros seis meses cunha veda no último trimestre do 2025 e unha parada biolóxica nos primeiros tres meses do 2026. Decisión que os profesionais agardan que veña acompañada de máis accións.

