Alberto Núñez Feijóo afirmou hoxe que o período 2009-2012 servirá “para darnos conta de que Galicia foi capaz de acuñar políticas de xeito pioneiro, que co paso do tempo se foron consolidando a nivel nacional”. Así o afirmou o presidente galego durante a presentación do libro Os discursos parlamentarios de Alberto Núñez Feijóo. Oitava lexislatura 2009-2012, da colección do Parlamento dedicada aos presidentes de Galicia. O titular da Xunta recoñeceu que na súa primeira lexislatura non sempre foi doado xestionar, nin tampouco explicar, un momento tan difícil como foi a peor crise económica que tivo que afrontar un Goberno autonómico. “Porén, sempre tentei dicir a verdade dos asuntos, por incómodos que fosen ou parecesen e, por suposto, comezando por este Parlamento”, abundou.
https://www.youtube.com/watch?v=BtaZiwp1F14




