Icono del sitio CanalBarbanza.com

TRÁXICO ACCIDENTE DE TRÁFICO NO CORREDOR SANTIAGO-NOIA, NO TERMO MUNICIPAL DE BRIÓN

O sinistro produciuse ao redor das 8:50 da mañá na parroquia de Os Ánxeles. Ata o lugar desprazáronse de inmediato os servizos de emerxencia, incluíndo a Garda Civil de Tráfico, Urxencias Sanitarias, bombeiros de Santa Comba, o GES de Brión e a Policía Local.
Un dos ocupantes, de 64 anos, faleceu no lugar do accidente. Os servizos sanitarios non puideron facer nada para salvarlle a vida. Outro dos feridos, de 54 anos, foi trasladado ao hospital da Rosaleda en ambulancia. O terceiro implicado tivo que se evacuado en helicóptero ao Hospital Clínico de Santiago, debido á gravidade das súas feridas.
Durante varias horas, a circulación permaneceu totalmente interrompida, provocando importantes retencións nesta vía, unha das principais conexións entre a área metropolitana de Santiago e a comarca de Noia.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil