A Xunta pon en marcha novos servizos terapéuticos para persoas con alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinou esta mañá nas dependencias de San Caetano o acordo para a contratación, na modalidade de concerto, do servizo específico de estimulación terapéutica para persoas con alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas en seis concellos galegos. O obxecto desta contratación é dar un novo impulso á atención a este colectivo incrementando un total de 60 novas prazas nos municipios de Santiago de Compostela, A Estrada, Marín, Tui, Ourense e As Nogais.
O contrato está dividido en seis lotes, de acordo coa distribución xeográfica na que se presta o servizo, que atenderá a 10 novos usuarios e usuarias en cada un dos emprazamentos nos que se localiza e que contará con 45 horas mensuais por usuario, sumando así un máximo de 540 horas anuais. A finalidade destas novas unidades é ampliar a rede de cobertura, facendo especial fincapé na atención cando as persoas presentan os primeiros síntomas de alzhéimer e así poder actuar canto antes e, na medida do posible, previr e retrasar o avance da enfermidade.

https://www.youtube.com/watch?v=kn9QY7zYWJw

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.