A mellora da fachada marítima de Portosín será unha das grandes apostas do concello para os próximos anos. Así o confirmou o alcalde, que avanza importantes cambios na zona co obxectivo de crear unha proposta que recolla as necesidades e potencial da fachada marítima.
O ALCALDE DE PORTO DO SON COMPARTIU OS DETALLES DUN PROXECTO PARA MELLORAR A FACHADA MARÍTIMA DE PORTOSÍN


